Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2021 Páx. 61677

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021 (código de procedemento IN417Y).

Mediante a Resolución do 29 de decembro de 2020 que foi publicada no DOG número 10, do 18 de xaneiro de 2021, establecéronse as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos.

O artigo 3.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe listaxe de espera. O prazo de presentación de solicitudes rematou o día 15 de outubro non rexistrándose solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles nas epígrafes correspondentes a Peme e Grande empresa de proxectos de aforro e eficiencia enerxética do sector servizos (PAES) e con todo non se dispón de dispoñibilidade orzamentaria suficiente nas epígrafes correspondentes a Peme e Grande empresa de proxectos de aforro e eficiencia enerxética do sector industrial (PAEI).

O artigo 31 do Decreto 11/2009, establece que cando a contía Total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos.

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021 en función do volume de solicitudes recibido modificando a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 29 de decembro de 2020 do seguinte xeito:

– Dotación orzamentaria inicial:

Distribución por líña de axuda

Tamaño empresa

Ano 2021 (€)

Ano 2022 (€)

Total (€)

PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial

Peme

2.400.000,00

1.200.000,00

3.600.000,00

Gran empresa

1.600.000,00

800.000,00

2.400.000,00

PAES- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

Peme

1.369.200,00

1.030.800,00

2.400.000,00

Gran empresa

912.800,00

687.200,00

1.600.000,00

Total

6.282.000,00

3.718.000,00

10.000.000,00

– Modificación orzamentaria:

Distribución por líña de axuda

Tamaño empresa

Ano 2021 (€)

Ano 2022 (€)

Modificación Total (€)

PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial

Peme

800.000,00

80.000,00

880.000,00

Gran empresa

700.000,00

100.000,00

800.000,00

PAES- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

Peme

-800.000,00

-80.000,00

-880.000,00

Gran empresa

-700.000,00

-100.000,00

-800.000,00

Total

0,00

0,00

0,00

– Dotación orzamentaria final:

Distribución por líña de axuda

Tamaño empresa

Ano 2021 (€)

Ano 2022 (€)

Total (€)

PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial

Peme

3.200.000,00

1.280.000,00

4.480.000,00

Gran empresa

2.300.000,00

900.000,00

3.200.000,00

PAES- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

Peme

569.200,00

950.800,00

1.520.000,00

Gran empresa

212.800,00

587.200,00

800.000,00

Total

6.282.000,00

3.718.000,00

10.000.000,00

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do plazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2021

Paula María Uría Traba
Directora do Instituto Enerxético de Galicia