Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2021 Páx. 61722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifica a varios interesados a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de reestruturación parcelaria de Oubiña-segundo sector (Cambados-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas que figuran no anexo, por medio de este anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de reestruturación parcelaria de Oubiña-2º sector (Cambados-Pontevedra).

Texto íntegro da notificación:

«En cumprimento do disposto polo artigo 37 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, notifícolle que a directora xeral de Desenvolvemento Rural resolveu poñer á disposición con data 10.1.2022 os predios resultantes do proceso de reestruturación parcelaria da zona de Oubiña-2º sector (Cambados, Pontevedra) para a toma de posesión provisional.

As datas para tomar posesión dos predios son as seguintes:

• Para terreos de prado, pasteiros, labradío sen colleita e monte, o día 10.1.2022

• Para os restantes terreos, no momento no que, segundo o costume, se retiren as colleitas actuais.

Para o caso de que se pretenda retirar arboredo, a data límite para a dita retirada é o día 10.7.2022 e debe contarse co preceptivo permiso do Servizo de Montes e xestionar o aproveitamento consonte o establecido no Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pasteiros, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia (información na dirección web: ovmediorural.xunta.gal/gl/tramites/corweb).

No prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao 10.1.2022, poderá reclamar por defecto de superficie nos predios atribuídos, xuntando unha medición pericial asinada por un técnico competente, sobre diferenzas de superficie superiores a unha marxe de tolerancia variable entre a medición in situ e a que conste no boletín de atribucións dos novos predios, conforme o disposto no devandito artigo 37».

Importante: as persoas propietarias das parcelas de achega deben permitir aos titulares dos novos predios o acceso a eles para realizaren a súa medición no prazo dos dous meses indicado arriba.

Debe terse en conta:

• Que a falta de superficie nun predio non será compensada cando exista exceso de superficie no conxunto dos predios atribuídos ao mesmo propietario, e esta sexa suficiente para compensar en valor de puntuación o conxunto das atribucións.

• A falta de superficie en terreos de núcleo rural (total ou parcialmente) será compensada nesta mesma clase. No caso de non existir dispoñible terreo deste tipo e o mesmo titular ten exceso de superficie en terreos doutra clase, a compensación farase sobre os ditos terreos.

• Non se admitirá reclamación no caso de que o predio obxecto dela coincida exactamente, na súa delimitación cartográfica, coa parcela achegada polo mesmo titular.

• Impedir ou obstaculizar a toma de posesión é considerada unha infracción moi grave (artigo 90 da Lei 4/2015) sancionada con multa de 1.501 a 6.000 euros.

• Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a toma de posesión poderá darse, logo de apercibimento, mediante compulsión directa sobre a/as persoa/s que a impidan.

Os planos do acordo e dos marcos colocados que delimitan os predios están accesibles na internet, na páxina web da Consellería do Medio Rural na seguinte ligazón, na sección «Publicacións»:

ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE, día en que se entenderá producida a súa notificación.

Pontevedra, 26 de novembro de 2021

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Propietario/a

DNI

Acto que se notifica

5

76869320P

Toma de posesión provisional

13

35441555G

Toma de posesión provisional

33

02018192B

Toma de posesión provisional

55

35422520J

Toma de posesión provisional

73

35348709D

Toma de posesión provisional

94

76869429W

Toma de posesión provisional

105

76870330Y

Toma de posesión provisional

110

35422594H

Toma de posesión provisional

111

76853522B

Toma de posesión provisional

131

35396974C

Toma de posesión provisional

164

35347165Y

Toma de posesión provisional

169

35349208W

Toma de posesión provisional

170

35409993K

Toma de posesión provisional

184

76861965J

Toma de posesión provisional

192

35424398M

Toma de posesión provisional

206

35491397M

Toma de posesión provisional

206

35437672P

Toma de posesión provisional

206

35642358V

Toma de posesión provisional

208

35439137R

Toma de posesión provisional

208

35396907E

Toma de posesión provisional