Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 61253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente CO-RES-2020-122 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE), na sede desta dirección xeral, sita no Edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, 15781 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

Acto notificado

CO-RES-2020-122

33239636J

Resolución

OU-RES-2020-076

34871961M

Resolución

OU-RES-2021-013

44454312G

Resolución

OU-RES-2021-019

44472970D

Resolución

PO-RES-2021-005

76724305P

Resolución