Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60866

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun equipamento educativo en Portosín.

Na sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local do 25 de novembro de 2021 aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun equipamento educativo en Portosín, concello de Porto do Son.

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública durante o prazo de 2 meses contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello no enderezo htpps://portodoson.sedelectronica.gal

Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado na Secretaría Xeral do Concello para que se poidan formular as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do Plan especial segundo o resumo executivo que consta no expediente. A duración da suspensión será ata a aprobación definitiva do plan e, en todo caso, por un prazo máximo de 2 anos.

Se, transcorrido o devandito prazo, non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Porto do Son, 26 de novembro de 2021

José Luis Oujo Pouso
Alcalde