Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60441

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 2 de decembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 2 de decembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, e modificado pola Resolución do 6 de outubro de 2020, encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019,

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que a seguir se relacionan e que, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 3 ou do título equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

NIF

Apelidos e nome

***6571**

Goberna Otero, Ángel

***0358**

Mourelle Schusselin, Stefani

***8893**

Rama Varela, Lorena

Segundo. De conformidade coa base II.1.1.3, este terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 20 de decembro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

O exercicio constará de dúas probas:

– Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo entre dous textos propostos polo tribunal.

– Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O exercicio terá unha duración de sesenta (60) minutos.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal