Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 25 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar a resolución de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2021/00387 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme a todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 25 de outubro de 2021

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2021/00387

44473733J

PO-2021/00387

FT404826

PO-2021/00498

36113661G

PO-2021/00498

AQ070600