Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 25 de novembro de 2021, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente PO-01064-O-2021 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-01064-O-2021 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG). En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 25 de novembro de 2021

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-01064-O-2021

3289-BJV

76984064M

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

15.1.2021; 8.15

AP-9 incorporación Peinador; 157,4

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-01168-O-2021

7625-JHK

39462079J

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

5.2.2021; 13.3; N-525; 295,0

Artigo 199.9 do ROTT

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 201.b) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

201 euros

PO-01505-O-2021

3289-BJV

76984064M

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

18.3.2021; 10.27; N-556; 7,9

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-01507-O-2021

3289-BJV

76984064M

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

18.3.2021; 10.24; N-556; 7,9

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 197.26 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros