Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANI-OU-74/2021-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita na avenida da Habana, nº 79, 5ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 29 de novembro de 2021

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

ANI-OU-74/2021-V

34551726E

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-96/2021-V

76734357D

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-99/2021-V

34954511P

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial