Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Antoñita IV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Antoñita IV, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 26 de outubro de 2021, Olivia Rodríguez Palmeiro (***9565**) e José Luis Méndez Carabelos (***8319**) solicitaron autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Antoñita IV.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura, sobre a tramitación do expediente, é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistos os antecedentes citados e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Fabián Méndez Rodríguez (***8681**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Antoñita IV.

Situación:

Cuadrícula número: 64.

Polígono: B.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 25.5.1966.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Olivia Rodríguez Palmeiro (***9565**) e José Luis Méndez Carabelos (***8319**).

Novo titular: Fabián Méndez Rodríguez (***8681**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da mellora en escritura pública e, especialmente, subrógase en todas as obrigas contraídas polos transmitentes en relación coa axuda tramitada, concedida e percibida mediante o expediente PE205C 2016/9-5, en concepto de subvencións para investimentos no ámbito da acuicultura por importe de 8.000,00 €. Así mesmo, o novo titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento UE 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 12 de novembro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo