Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2021 Páx. 60287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial AR S1 Gallega de Mallas.

A Xunta de Goberno do Concello da Laracha, na sesión ordinaria do 18 de novembro de 2021, aprobou inicialmente o Plan parcial AR S1 Gallega de Mallas.

O expediente sométese á información pública e a consultas polo prazo de 2 meses, mediante anuncio no taboleiro de anuncios físico e/ou electrónico na sede electrónica, no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior difusión provincial. Durante o devandito período quedará o expediente de manifesto na secretaría do Concello, en horario de atención ao público, de luns a venres.

Segundo xustifica o informe técnico, non procede suspender o outorgamento de aprobacións, autorizacións e licenzas.

Ligazón de acceso: https://drive.google.com/file/d/1CWkevm_3ETFv0nVP-CWm5UBSxhZhj0u2/view

A Laracha, 25 de novembro de 2021

José Manuel Varela López
Alcalde