Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2021 Páx. 60041

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas), e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR302A).

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

A Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 9 de febreiro de 2021 (DOG núm. 35, do 22 de febreiro), estableceu as bases reguladoras do procedemento TR302A polo que se subvencionan as accións formativas do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2021 e 2022.

A dita orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas de subvencións correspondentes aos exercicios de 2021 e 2022, para o financiamento e execución de programas de formación xestionados pola Consellería de Emprego e Igualdade dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

As subvencións teñen como finalidade financiar os programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, que ofrezan unha formación que atenda os requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidades de adaptación aos cambios operados no posto de traballo e as aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, de forma que as capacite para o desenvolvemento cualificado das distintas profesións e lles permita mellorar a súa empregabilidade.

Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refire esta orde as entidades privadas que, na data de entrada en vigor desta convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados no correspondente certificado de profesionalidade ou teñan solicitada a inscrición mediante declaración responsable nesa data na correspondente especialidade formativa non vinculada a certificado de profesionalidade, na Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, de xeito que lles permita impartir a formación para a que solicitan subvención nas modalidades presencial, de teleformación ou mixta.

Igualmente, poderán ser beneficiarios os centros e as entidades de formación que teñan achegado, na data de entrada en vigor da convocatoria, a declaración responsable sobre o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa inscrición no rexistro para impartir especialidades formativas non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade, consonte o disposto no artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

Mediante a propia Orde do 9 de febreiro de 2021 procedeuse a realizar, en réxime de concorrencia competitiva, a primeira convocatoria do plan formativo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O financiamento das axudas previstas efectuouse con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.05.323B.471.0 e 11.05.323B.481.0, co código de proxecto 2013 00493.

Destinouse á primeira convocatoria un crédito por importe total de 5.550.000,00 €. A súa desagregación por aplicación e anualidade figura recollida na seguinte táboa:

Aplicación

Proxecto

Anualidade 2021 (€)

Anualidade 2022 (€)

Importe total (€)

11.05.323B.471.0

2013 00493

2.000.000,00

2.000.000,00

4.000.000,00

11.05.323B.481.0

2013 00493

1.000.000,00

550.000,00

1.550.000,00

Total

3.000.000,00

2.550.000,00

5.550.000,00

O artigo 4.2 da Orde do 9 de febreiro de 2021 establece que os ditos créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

Mediante a Resolución do 11 de agosto de 2021 (DOG núm. 159, do 19 de agosto), da Dirección Xeral de Formación e Colocación, redistribuíronse os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas), e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2021 e 2022.

A seguintes táboas recollen o resultado da dita redistribución de créditos, sen variar o orzamento total, por anualidade e aplicación orzamentaria:

Anualidade 2021

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento

final

11.05.323B.471.0

2013 00493

2.000.000,00

-188.922,90

1.811.077,10

11.05.323B.471.0

2021 00150

1.056.393,39

1.056.393,39

11.05.323B.481.0

2013 00493

1.000.000,00

-886.673,75

113.326,25

11.05.323B.481.0

2021 00150

19.203,26

19.203,26

Total

3.000.000,00

3.000.000,00

Anualidade 2022

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento

final

11.05.323B.471.0

2013 00493

2.000.000,00

-225.109,35

1.774.890,65

11.05.323B.471.0

2021 00150

587.627,61

587.627,61

11.05.323B.481.0

2013 00493

550.000,00

-401.815,00

148.185,00

11.05.323B.481.0

2021 00150

39.296,74

39.296,74

Total

2.550.000,00

2.550.000,00

A relación de subvencións concedidas e as súas entidades beneficiarias, ordenadas por código de expediente, publícase como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Colocación

ANEXO

Expediente

Entidade

NIF

Aplicación
orzamentaria

Importe
concedido

TR302A-2021/000031-0

Academia A Mariña

B27275726

11.05.323B.471.0

60.150,00

TR302A-2021/000032-0

Asociación Amicos

G15747678

11.05.323B.481.0

58.500,00

TR302A-2021/000034-0

G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L.

B36993509

11.05.323B.471.0

511.032,00

TR302A-2021/000035-0

G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L.

B36993509

11.05.323B.471.0

31.920,00

TR302A-2021/000036-0

Academia Postal 3 Vigo, S.L.

B36795565

11.05.323B.471.0

31.920,00

TR302A-2021/000037-0

Academia Postal 3 Vigo, S.L.

B36795565

11.05.323B.471.0

511.032,00

TR302A-2021/000038-0

EducaTIC GAP PUE

B36897239

11.05.323B.471.0

511.032,00

TR302A-2021/000039-0

EducaTIC GAP PUE

B36897239

11.05.323B.471.0

31.920,00

TR302A-2021/000040-0

Moba Skill Training, S.L.

B32327934

11.05.323B.471.0

31.840,00

TR302A-2021/000041-0

Moba Skill Training, S.L.

B32327934

11.05.323B.471.0

511.032,00

TR302A-2021/000086-0

Confederación empresarios Pontevedra-CEP

G36615219

11.05.323B.481.0

8.437,50

TR302A-2021/000092-0

Centro de Estudios Profesionales de Galicia, S.A.

A36953479

11.05.323B.471.0

14.625,00

TR302A-2021/000093-0

Centro de Estudios Profesionales de Galicia, S.A.

A36953479

11.05.323B.471.0

29.906,25

TR302A-2021/000094-0

Centro de Estudios Profesionales de Galicia, S.A.

A36953479

11.05.323B.471.0

11.812,50

TR302A-2021/000095-0

Escuela Profesional de Hostelería del Baixo Miño, S.L.

B94147725

11.05.323B.471.0

16.821,00

TR302A-2021/000125-0

Centro de Estudios Profesionales de Galicia, S.A.

A36953479

11.05.323B.471.0

121.300,50

TR302A-2021/000131-0

NRED Soluciones Formativas

B27700012

11.05.323B.471.0

229.500,00

TR302A-2021/000132-0

FEMXA Formación, S.L.

B36338051

11.05.323B.471.0

153.000,00

TR302A-2021/000134-0

FEMXA Formación, S.L.

B36338051

11.05.323B.471.0

56.250,00

TR302A-2021/000136-0

NRED Soluciones formativas

B27700012

11.05.323B.471.0

56.250,00

TR302A-2021/000145-0

Ingeniería Insitu

B27715309

11.05.323B.471.0

73.425,00

TR302A-2021/000163-0

Lidera Knowledge, S.L.

B27821305

11.05.323B.471.0

327.606,00

TR302A-2021/000169-0

Lidera Knowledge, S.L.

B27821305

11.05.323B.471.0

338.982,00

TR302A-2021/000176-0

Norformación, S.L.

B36343218

11.05.323B.471.0

11.250,00

TR302A-2021/000180-0

Investigaciones didácticas audiovisuales-maude studio

B29195484

11.05.323B.471.0

45.000,00

TR302A-2021/000182-0

Apetamcor

G32026056

11.05.323B.481.0

154.950,00

TR302A-2021/000183-0

Profesionais da Innovación, Xestión e Formación S.L.

B94051513

11.05.323B.471.0

177.700,00

TR302A-2021/000190-0

Centro de Estudios Activa Formación, S.L.

B36832723

11.05.323B.471.0

351.234,00

TR302A-2021/000196-0

Lidera Knowledge, S.L.

B27821305

11.05.323B.471.0

538.920,00

TR302A-2021/000203-0

Acción Laboral

V09409749

11.05.323B.481.0

6.075,00

TR302A-2021/000207-0

Acción Laboral

V09409749

11.05.323B.481.0

34.020,00

TR302A-2021/000208-0

Investigaciones didácticas audiovisuales-maude studio

B29195484

11.05.323B.471.0

37.500,00

TR302A-2021/000222-0

Gabinete de Recolocación Industrial, S.L. GRI

B09390105

11.05.323B.471.0

53.150,00

TR302A-2021/000227-0

Academia Manzaneda, S.L.

B32253932

11.05.323B.471.0

142.911,00

TR302A-2021/000240-0

Centro de Esdudios Acadinfo, S.L.

B94004801

11.05.323B.471.0

13.500,00

TR302A-2021/000241-0

Centro de Esdudios Acadinfo, S.L.

B94004801

11.05.323B.471.0

115.912,50

TR302A-2021/000244-0

María Carmen Míguez Álvarez, S.L. Autoescola España

B36626752

11.05.323B.471.0

24.465,00

TR302A-2021/000247-0

María Carmen Míguez Álvarez, S.L. Autoescola España

B36626752

11.05.323B.471.0

57.090,00