Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2021 Páx. 60104

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2021 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP.

En sesión que tivo lugar o día 25 de novembro de 2021, o tribunal nomeado mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 16 de decembro de 2021, ás 16.00 horas, en chamamento único, na aula 11 da Escola Galega de Administración pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

A listaxe de persoas aspirantes convocadas para a realización deste exercicio pódese consultar no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021

Javier Suárez Salvado
Presidente do tribunal