Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2021 Páx. 60204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 23 de novembro de 2021 polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Soutomaior (expediente SCOVID/SOUTOMAIOR/0013 e seis máis).

O Concello de Soutomaior acordou a incoación dos expedientes sancionadores SCOVID/SOUTOMAIOR/0013 e seis máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación do inicio do procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Soutomaior, situadas na rúa Alexandre Bóveda, 8, Soutomaior, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As persoas interesadas dispoñen do prazo indicado no parágrafo anterior para achegaren, ante a persoa instrutora do expediente, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non efectuaren alegacións no referido prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución.

De conformidade co disposto nos artigos 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, as persoas interesadas son informadas de que a sanción que se indica no acordo de incoación poderá estar suxeita ás seguintes reducións: o 25 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade ou de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento, ou o 50 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade e de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento. A efectividade de calquera destas reducións estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021

David Castro Sanmartín
Funcionario da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF

Persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

SCOVID/SOUTOMAIOR/0013

Y3414811S

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Art. 57.2.c).1º da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/SOUTOMAIOR/0018

Y7424031J

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Art. 57.2.c).1º

Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/SOUTOMAIOR/0019

Y7070806E

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Art. 57.2.c).1º da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/SOUTOMAIOR/0028

76994349D

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Art. 57.2.c).1º da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/SOUTOMAIOR/0040

X5317797J

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Art. 57.2.c).1º da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/SOUTOMAIOR/0045

77421614A

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Art. 57.2.c).1º da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/SOUTOMAIOR/0055

36104302Y

Incumprimento das normas emitidas polas autoridades sanitarias, da Comunidade Autónoma de Galicia polas que se establecen medidas que se deben cumprir nos establecementos e locais abertos ao público

Art. 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.1 e 44.2 Lei 8/2008

200 euros