Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2021 Páx. 60225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-CO-0027/2021-V e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Coruña, segundo o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería, sita no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 29 de novembro de 2021

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

ANP-CO-0027/2021-V

Fernando Araújo Vázquez

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

ANP-CO-0101/2021-V

Karin de Jesús Camargo Cárdenas

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

ANI-CO-0033/2021-V

María del Carmen Seijas Calvo

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

ANI-CO-0037/2021-V

Natalia Soledad Martínez e Thiago N. Tornarelli Martínez

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

ANI-CO-0040/2021-V

José Antonio Alcalde Santos

Acordo de inicio

Pola xefa territorial