Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 9 de decembro de 2021 Páx. 60025

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da rectificación da Resolución presidencial 2021005938 pola que se aproba a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo (CPI2021J).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 199, do 15 de outubro de 2021, publícase a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2018, 2020 e 2021, quenda interna (CPI2021J).

No Boletín Oficial da provincia núm. 231, do 29 de novembro de 2021, publicouse a rectificación da dita convocatoria.

Como consecuencia do erro, o prazo de presentación de solicitudes para os postos convocados de persoal laboral fixo será de vinte (20) días naturais contados a partir da publicación desta rectificación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda e de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, na sede electrónica da Deputación e no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 1 de decembro de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía,
Facenda e ORAL