Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 9 de decembro de 2021 Páx. 59900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de recuamento LMT POR707 no Tellado, no concello de Silleda, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/66-4).

A instalación de recuamento LMT POR707 no Tellado, no concello de Silleda, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 25 de agosto de 2021, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados; ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 1 de febreiro de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Silleda.

As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios e serán informadas de que poderán ir acompañadas por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 15 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Recuamento da LMT POR707 no Tellado

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 servidume de paso subterránea

Concello

1

36052G501000190000RZ

Barrelas

Agrario

Concepción Blanca Sanmartín García e outras

1

16,84

13,75

40,40

Silleda

2

36052G501000130000RD

Prados da Fonte

Agrario

José Antonio Vidueiros Framiñán e outra

2

16,84

3,93

10,94

Silleda

3

36052G501000260000RA

Agriño

Agrario

Antonio Pena Novoa

3

16,16

2,65

7,48

Silleda

4

36052G501000350000RL

Agriño

Agrario

Concepción Blanca Sanmartín García e outras

4

16,16

4,38

10,42

Silleda