Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 9 de decembro de 2021 Páx. 59824

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 29 de novembro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se dá publicidade da Resolución 23/2021, da mesma data, que convoca a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de coordinador/a do persoal técnico superior en imaxe para o diagnóstico.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios del Sistema público de saúde de Galicia e na Orde do 29 de abril de 2020, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Vigo

RESOLVE :

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, un posto de coordinador/a do persoal técnico superior en imaxe para o diagnóstico, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Vigo, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 29 de novembro de 2021

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: coordinador/a do persoal técnico superior en imaxe para o diagnóstico.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 1.