De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopan á súa disposición na rúa Cimadevila 1, Barbadás.
– Acto que se notifica: orde de execución (expediente 3578/2021).
– Interesado: en investigación.
– Prazo: 10 días hábiles.
Barbadás, 8 de novembro de 2021
Xosé Carlos Valcárcel Doval
Alcalde