Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 7 de decembro de 2021 Páx. 59514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión e a modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Codisoil, S.A. para a planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados situada no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-196 e 2021-IPPC-M-39).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) regulan os procedementos de revisión e modificación substancial das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15 do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento presentado por Codisoil, S.A. para a revisión e modificación substancial da súa autorización ambiental integrada, para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expedientes: 2019-IPPC-M-196 e 2021-IPPC-M-39.

Número de autorización ambiental integrada: 2014-IPPC-38-275.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 5.6.

Titular: Codisoil, S.A.

CIF: A79322947.

Enderezo do titular: Paseo da Castellana, 259-D, planta 50, 28046 Madrid (Madrid).

Enderezo da instalación: polígono industrial Pereiro de Aguiar, parcela 14, 32710 O Pereiro de Aguiar (Ourense).

Actividade principal: limpeza industrial, distribución polo miúdo de carburantes e combustibles, almacenamento e valorización de residuos perigosos.

Descrición das instalacións: a planta de Codisoil, S.A. no Pereiro de Aguiar conta con 6 liñas de actividade:

• Limpeza industrial: realízanse limpezas de tubaxes, arquetas, separadores de hidrocarburos, depósitos de gasóleo e fuel óleo, desatascos, aspiración de fosas sépticas, etc. Ademais, a empresa tamén realiza revestimentos e inertización de depósitos, medición de espesores e probas de estanquidade de tanques.

• Distribución de AdBlue.

• Distribución de carburantes e combustibles.

• Almacenamento de residuos perigosos.

• Valorización de residuos perigosos: os residuos que cumplan coas especificacións necesarias para poder ser tratados na planta pasan á liña de valorización na que se leva a cabo unha decantación e posterior tratamento mediante evaporación e condensación nun equipo evaporador.

A modificación prevista na panta de Codisoil, S.A. consiste, basicamente, en:

• Almacenamento de residuos non perigosos (nova actividade).

• Un aumento das cantidades de residuos perigosos que valorizan, así como da tipoloxía dos residuos.

Verteduras:

• Augas industriais: proceden dos tanques de almacenamento, do proceso de valorización e do proceso de limpeza de vehículos e da instalación. Tras pasar polo proceso de decantación e evapo-concentración, as augas industriais son recollidas a través da rede de drenaxe e conducidas ao separador de hidrocarburos e desareador antes da súa vertedura á rede de saneamento do polígono industrial.

• Augas pluviais contaminadas: son as recollidas na cuberta e consideradas como augas hidrocarburadas, polo que se tratan como as industriais.

• Augas pluviais limpas: recóllense mediante canalizacións separadas e son vertidas a un colector con saída á rede de saneamento do polígono industrial.

• Augas sanitarias: vértense á rede de saneamento do polígono industrial.