Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 7 de decembro de 2021 Páx. 59529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 25 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición ditada no procedemento BS403B (expediente 2021-00000198).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a través deste anuncio a resolución do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 23 de xuño de 2021 ditada no procedemento de conformidade co establecido na Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia número 11, do 19 de xaneiro.

Para os efectos, emprázase a persoa interesada que figura no dito anexo, por si mesma ou a través da persoa que a represente legalmente, para que compareza no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición o expediente para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, contra a referida resolución do recurso de reposición, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución recurso de reposición (procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto administrativo e data

BS403B-2021-00000198

20197160D

Resolución do 6.10.2021