Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 7 de decembro de 2021 Páx. 59532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 25 de novembro de 2021 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes do bono de alugueiro social (códigos de procedemento VI482A e VI482C).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Técnica de Fomento, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), do Instituto Galego da Vivenda e Solo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

BONOV-009/2019

***6591**

Trámite de audiencia no procedemento de perda do dereito á subvención

BONOV-005/2020

****6214*

Resolución de rectificación da resolución de concesión da primeira prórroga da subvención

BONOV-052/2021

***7107**

Resolución de desistencia da solicitude de subvención

BONOV-063/2021

***8673**

Resolución de desistencia da solicitude de subvención

BONOV-070/2021

***7271**

Resolución de desistencia da solicitude de subvención

BONAL-050/2020

***6684**

Trámite de audiencia no procedemento de perda do dereito á subvención

BONAL-067/2021

****6125*

Resolución de desistencia tácita da solicitude de subvención