Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 3 de decembro de 2021 Páx. 59256

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de información pública da modificación puntual número 2 do Plan parcial do parque empresarial dos Airíos.

A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes de García Rodríguez, na sesión extraordinaria con data do 28.10.2021, aprobou inicialmente a modificación puntual número 2 do Plan parcial do parque empresarial dos Airíos, As Pontes de García Rodríguez, que elaborou a empresa Cerna Arquitectos SCP, CIF J70148655, e que asinan as arquitectas María Cruz Vigo Castro, colexiada COAG 3556; Flavia C. Piñeiro Ces, colexiada COAG 3658; e o arquitecto Francisco Javier Prieto Orallo, colexiado COAG 5061, e que se entregou no concello o día 18.10.2021 (RE núm. 202199900003488).

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, co fin de que, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados podan consultar o expediente no Departamento de Urbanismo do concello (avenida de Castelao, nº 36), de luns a venres, das 8.00 ás 14.30 horas e formular as alegacións que xulguen oportunas.

A documentación sometida a información pública tamén se pode consultar na sede electrónica do concello, taboleiro de anuncios electrónico (https://sede.aspontes.org/opencms/es/informacion/).

As Pontes de García Rodríguez, 4 de novembro de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto 993/2019, do 24 de xuño)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado de Urbanismo e Coordinación do Goberno