Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 3 de decembro de 2021 Páx. 59213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 10 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2021/149-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA PRS806, entre apoios 55-48-4 e 55-48-9.

Situación: lugar Vilar de Cerreda, concello de Nogueira de Ramuín.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución do apoio núm. 55-48-6, por apoio de celosía metálica de tipo C-AG-14/1000-H35-CA, para corrixir a distancia con liña de telefonía, así como actuacións por protección á avifauna nos apoios números: 55-48-5, 55-48-7 e 55-48-8; a reforma ten a súa orixe no apoio núm. 55-48-4 existente, de tipo PR-AG-12/800-CBR, da LMTA PRS806 (expediente núm. IN407A 2016/21-3), e o final no apoio núm. 55-48-9 existente, de tipo C-FL-14/2000-CBR, da citada LMTA.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, en Ourense, o 17 de xuño de 2021.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación pódese examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 10 de novembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2021/149-3.

Termo municipal: Nogueira de Ramuín.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA PRS806, entre apoios 55-48-4 e 55-48-9.

Predio núm. en proxecto: 1.

Referencia catastral: 32053A080000690000IA.

Lugar: A Rasa.

Cultivo: monte baixo.

Titulares: Antonio Quevedo González e Dolores Quevedo González.

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio 55-48-6.