Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 58984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Rúa

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle da rúa Pireira.

O alcalde presidente do Concello da Rúa, tras os trámites e informes preceptivos de conformidade coa tramitación regulamentaria, mediante o Decreto 359/2021, do 23 de novembro, complementado polo Decreto 370/2021, do 25 de novembro, aprobou inicialmente o estudo de detalle, do 29 de outubro de 2021, da rúa Pireira do concello da Rúa, elaborado polo arquitecto Isidro López Yáñez, da empresa Estudio Técnico Gallego, S.A., co obxecto de adaptar e reaxustar a realidade do terreo e da vía ás aliñacións e rasantes xa fixadas polo Plan xeral de ordenación urbana.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no xornal La Región de Ourense, para que as persoas interesadas poidan consultalo nas oficinas do Concello (praza José Antonio Míguez Freire, nº 1) en horario de oficina (das 9.00 ás 14.00 horas) e na sede electrónica do Concello da Rúa (https://arua.sedelectronica.gal), e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A Rúa, 26 de novembro de 2021

Álvaro José Fernández López
Alcalde