O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de setembro de 2021, adoptou o acordo de aprobación definitiva do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para a urbanización parcial das rúas Cataluña, Celso Emilio Ferreiro e de nova apertura (A. Alvajar e M. Araújo), o que implica a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados –segundo o artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia–, e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos parágrafos 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.
A presente publicación servirá de notificación aos interesados descoñecidos ou de ignorado domicilio, para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa última públicación no BOP ou no DOG, segundo o disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción conforme dereito.
Narón, 26 de outubro de 2021
Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa presidenta
ANEXO
Nº predio |
Afección |
Superficie total (m²) |
Superficie afectada (m²) |
DNI |
Referencia catastral |
01 |
Parcial |
202 |
38 |
32605033A |
4458804NJ6145N0001TH |
02 |
Parcial |
117 |
70 |
32609850J |
4458805NJ6145N0001FH e 4458805NJ6145N0002GJ |
03A |
Parcial |
62 |
55 |
32614374Y |
4558112NJ6145N0001FH, 4558112NJ6145N0002GJ e 4558112NJ6145N0003HK |
03 |
Parcial |
233 |
25 |
32588579V |
4558112NJ6145N0001FH, 4558112NJ6145N0002GJ e 4558112NJ6145N0003HK |
04 |
Parcial |
652 |
475 |
32570657N |
4458806NJ6145N0001MH |
05 |
Total |
262 |
262 |
32664014N |
4458807NJ6145N0001OH |
06 |
Total |
30 |
30 |
|
Parcela non catastrada situada no lugar da Gándara que linda: norte e oeste, María Ángeles Quintía Lazcano e outro, sur, Nagru Un, S.L. e María Ángeles Quintía Lazcano e outro, leste, descoñecido |
08 |
Total |
368 |
368 |
B15761604 |
Esta parcela non está catastrada |
09 |
Parcial |
78 |
33 |
|
Parcela non catastrada situada no lugar da Gándara con fronte á rúa A. Alvajar, que linda: norte, Luis Pérez Penedo, sur, Asunción María Mera Hermida, leste, Luis Pérez Penedo e Asunción María Mera Hermida, oeste, rúa A. Alvajar |