Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 58896

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 25 de novembro de 2021 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, regulado na Orde do 30 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 137, do 20 de xullo).

BDNS (Identif.): 575136.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primero. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 30 de xuño de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 Diario Oficial de Galicia nº 137, do 20 de xullo, na seguinte contía: 240.000 euros.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para presentar as solicitudes.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade