De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso, convocado mediante a Orde do 5 de outubro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 204, do 22 de outubro, e por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, de conformidade coa disposición adicional única da dita Orde do 5 de outubro de 2021, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso, coa composición que se relaciona no anexo.
A Estrada, 26 de novembro de 2021
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso
Tribunal titular:
Presidenta: María Ramos Canosa, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.
Vogais
Francisco Carro Rey, inspector do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.
Begoña del Río Martínez, policía do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.
Susana Martín Iglesias, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.
– Tribunal suplente:
Presidenta: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.
Vogais:
Diego Someso Anguita, oficial local do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.
Estefanía Puga Torres, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.
Andrés González Murga, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.