A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF.PER.-2021/12-20, para a contratación de persoal laboral temporal polo procedemento de concurso de méritos.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avda. de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.
San Cibrao das Viñas, 25 de novembro de 2021
Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne