Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 1 de decembro de 2021 Páx. 58546

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 23 de novembro de 2021 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación.

Segundo sinala o artigo 13 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, de acordo co previsto polo artigo 89 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da Cooperación para o desenvolvemento, o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento é o órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento e estará adscrito ao departamento competente nesa materia.

O punto primeiro do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, regula a composición do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).

O punto terceiro do dito artigo 15 sinala que as persoas vogais do Congacode, excepto a persoa titular da vicepresidencia e as persoas representantes das consellerías da Administración xeral da Xunta de Galicia, serán nomeadas e cesadas pola persoa titular da consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento, por proposta das entidades con representación nel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Polo tanto, vista a proposta de nomeamento formulada polos órganos de goberno dos distintos axentes de cooperación con representación no Congacode e de acordo co disposto no número 3 do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Cesar como vogais titulares e suplentes do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento e en representación dos axentes de cooperación, agradecéndolles os servizos prestados, as seguintes persoas:

Gema Filgueira Garrido

Alejandro Quiñoá Casteleiro

María Paz Gutiérrez

María Carmen Beltrán Moneiras

Gonzalo Miguel Gesto Quiñoy

José Francisco Durán Hurtado

María Patricia Iglesias Fernández

Lorena Seijo Sanmiguel

Laura Casal Guillán

Pablo Rodríguez Soengas

José Manuel Maceira Blanco

Laura Otero Rúa

Juan Antonio González Pérez

Jorge Cubela López

Francisco Díaz Pereira

Antonio Fernández Angueira

2. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento a:

Titulares:

Gema Filgueira Garrido

Alejandro Quiñoá Casteleiro

María Paz Gutiérrez

María del Carmen Rosina Díaz Sánchez

Ángel Antonio Bañobre González

Suplentes:

Lorena Seijo Sanmiguel

Laura Casal Guillán

José Luis Barreiro Areses

José Manuel Pérez Otero

Natalia Monje Sueiro

3. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das empresas galegas a:

Titular:

José Manuel Maceira Blanco

Suplente:

Laura Otero Rúa

4. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias a:

Titulares:

Juan Antonio González Pérez

Jorge Cubela López

Suplentes:

Francisco Díaz Pereira

Antonio Fernández Angueira

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo