Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 1 de decembro de 2021 Páx. 58609

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2021 pola que se dá publicidade da concesión dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2021.

Mediante a Resolución do 8 de setembro de 2021 (DOG núm. 181, do 20 de setembro), aprobáronse e publicáronse as bases reguladoras dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2021.

O xurado destes premios fixo unha revisión bibliográfica dos artigos que cumpren cos requisitos recollidos nas bases reguladoras, avaliándoos segundo os criterios de selección establecidos, tal como se recolle no artigo 8 das referidas bases.

O 10 de novembro, o xurado reuniuse para poñer en común a avaliación dos artigos científicos e propoñer, no acordo de concesión, as catro persoas galardoadas.

O 15 de novembro recibiuse a aceptación expresa das persoas propostas e a acreditación da súa vinculación a un centro ou institución galega incluído no ámbito de aplicación destas bases no momento da elaboración do artigo.

As ditas bases establecían no artigo 10 que a persoa titular da presidencia da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) ditará a resolución do premio que será inapelable, e farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e das páxinas web do Servizo Galego de Saúde, www.sergas.es, e da ACIS, www.acis.sergas.gal

Crédito orzamentario: catro mil cincocentos euros (4.500,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 2021-12.A1-411A-480.00, proxecto 2018/00003, dos orzamentos do ano 2021 da ACIS:

a) Primeiro premio cunha dotación de tres mil euros (3.000,00 €).

b) Segundo premio cunha dotación de mil cincocentos euros (1.500,00 €).

c) Primeiro accésit (sen dotación económica).

d) Segundo accésit (sen dotación económica).

No que se refire ás persoas investigadoras premiadas, véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2021

Julio García Comesaña
Presidente da Axencia Galega para a
Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Persoas premiadas

Núm.

Persoas autoras

Título do artigo

Centro ou institución galega

Importe do premio

Gómez Dacoba, Tamara

Technological challenges in the preclinical development of an HIV nanovaccine candidate

Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas

(CIMUS)

Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica.

Facultade de Farmacia. Universidade de Santiago de Compostela

3.000,00 €

Póveda López, Eva

Massive release of CD9+ microvesicles in HIV infection, regardless of virologic control

Grupo de

Investigación en Viroloxía e Patoxénese. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS )

–Complexo Hospitalario Universitario de Vigo- Universidade de Vigo

1.500,00 €

Accésit

Margusino Framiñán, Luis

Effectiveness and safety of sofosbuvir/velpatasvir ± ribavirina vs glecaprevir/pibrentasvir in genotype 3 hepatitis C virus infected patients

Servizo de Farmacia. Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC)

Grupo de Investigación de Viroloxía Clínica. Instituto de Investigación Biomédica A Coruña (INIBIC)-CHUAC-Universidade da Coruña.

_

Accésit

Lorenzo Pouso, Alejandro Ismael

Awareness Levels of the Link Between Oropharyngeal Cancer and HPV Infection Among Spanish Women:

a Hospital-Based Cross-sectional Study

Area de Estomatoloxía.

Facultade de Medicina e Odontoloxía. Universidade de Santiago de Compostela.

Grupo de Investigación en Patoloxía Oral Médico-Cirúrxica, Xerodontoloxía,

Biomateriais e Innovación Tecnolóxica (MedOralRes)

– Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)

_