Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 1 de decembro de 2021 Páx. 58663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0305/2021-ORS e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-FE-0305/2021-ORS e dez máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, nº 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 19 de novembro de 2021

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-FE-0305/2021-ORS

32737000L

Inicio

R/ Río Miño, 27, 2º, Narón

PSC-FE-0311/2021-PPM

32926476K

Inicio

Lg. Pazos, 48 C, Serantes, Ferrol

PSC-FE-0312/2021-PPM

32716227S

Inicio

Rúa C, Vivendas de Bazán, 1, 2º C, Ferrol

PSC-FE-0314/2021-PPM

32680618X

Inicio

Rúa Magdalena, 221, baixo, Ferrol

PSC-FE-0315/2021-PPM

71608786B

Inicio

R/ Neda, 2, 3º esqda., Ferrol

PSC-FE-0316/2021-PPM

32659499M

Inicio

Rúa do Prado, 24 A, 4º esqda., Ferrol

PSC-FE-0317/2021-PPM

32706730V

Inicio

Rúa do Prado, ma. 22, ptl. 7, 2º D, Ferrol

PSC-FE-0321/2021-PPM

K1527106K

Inicio

Lg. de Rodelas, 5, Ares

PSC-FE-0330/2021-PPM

53487899L

Inicio

Ourille, 7, Taragoña, Rianxo

PSC-FE-0341/2021-PPM

54154425M

Inicio

Portiño, 28 C, A Coruña

PSC-FE-0350/2021-PPM

44831400F

Inicio

Lg. Mourentán, 43, Lavacolla, Santiago Compostela