Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 1 de decembro de 2021 Páx. 58673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de novembro de 2021 polo que se somete a información pública o proxecto de explanación, urbanización e electrificación do parque empresarial das Gándaras-fase III (Lugo).

De conformidade co establecido pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia, sométese á información pública o proxecto de explanación, urbanización e electrificación da fase III do parque empresarial das Gándaras, Lugo, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/711) e presentar ante as alegacións, os documentos e as xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo