Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58535

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 10 do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 2020002396).

O Pleno da Corporación municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 27 de setembro de 2021, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual nº 10 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo.

De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se podan formular as alegacións que se xulguen procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal e na seguinte ligazón https://app.box.com/s/30rpbztczgq92lt8w2c5eaqwoll7pcz2

A totalidade dos documentos integrantes do expediente tramitado poden consultarse nas dependencias municipais do Concello de Sanxenxo, no Servizo de Urbanismo, previa cita no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 18 de outubro de 2021

Telmo Martín González
Alcalde presidente