Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58533

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para unha instalación de talasoterapia.

Por Acordo plenario do 25 de novembro de 2021 aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para unha instalación de talasoterapia en Oia.

De acordo co previsto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do solo de Galicia, exponse ao público por un prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG.

Ademais enviarase o anuncio a un dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o prazo de exposición pública poderán formularse alegacións que serán tidas en conta no seguinte trámite do documento.

Oia, 25 de novembro de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa