Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 5 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Teo (expediente-e IN407A 2019/233-1).

Expediente-e: IN407A 2019/233-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 ao proxecto LMTS Alto Milladoiro-edificio Fernández.

Concello: Teo.

1. Características técnicas:

• Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 1 do anexo) a 20 kV, cunha lonxitude de 98 metros e coa orixe en PAS en apoio existente da LMT SNT840, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate en PAS en novo apoio proxectado da LMTA SNT840.

• Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 2 do anexo) a 20 kV, cunha lonxitude de 118 m, coa orixe en novo apoio proxectado da LMTS SNT840, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate en apoio existente da LMTA SNT840.

• LMTA SNT840 de 20 kV entre o apoio proxectado e o apoio anterior, en condutor LA-56 Al (actuación prevista no anexo), cunha lonxitude de 101 m.

• Desmantelamento das instalacións que quedan sen servizo.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38, así como no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 5 de novembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2019/233-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 ao proxecto LMTS Alto Milladoiro-edificio Fernández.

Concello: Teo.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: Espiño (15083B508023000000SR).

Cultivo: urbana.

Propietaria: Compostela Móvil, S.A.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 75,0.

• m2 aéreos: 873,0.

Número de predio: 2.

Lugar: Rial (15083B508001280000SM).

Cultivo: urbana.

Propietaria: Compostela Móvil, S.A.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 28,0.

• m2 aéreos: 380,0.