De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude, a Axencia Galega da Industria Forestal
RESOLVE:
Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A) que figuran no anexo I.
A súa aprobación realizouse no exercicio 2021 con cargo á aplicación orzamentaria 06.A4.741A.481.0, código de proxecto 2018 00005, dotada con 500.000,00 €.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021
José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal
ANEXO I
Axudas concedidas
Expediente |
Solicitante/s |
Baremo |
Importe subvencionable (por solicitante) |
Importe subvencionable (por expediente) |
IN501A-2021-001 |
Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de Galicia-Fearmaga |
310 ptos. |
59.899,38 € |
59.899,38 € |
IN501A-2021-002 |
Asociación Clúster da Biomasa de Galicia |
270 ptos. |
73.533,00 € |
73.533,00 € |
IN501A-2021-003 |
Asociación Sectorial Forestal Galega-Asefoga |
115 ptos. |
17.280,00 € |
20.430,00 € |
Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega |
3.150,00 € |
|||
IN501A-2021-004 |
Asociación de Empresarias de la Primera Transformación de la Madera de Lugo |
440 ptos. |
81.052,56 € |
80.000,00 € |
IN501A-2021-005 |
Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal-PEFC Galicia |
305 ptos. |
38.619,00 € |
38.619,00 € |
IN501A-2021-006 |
Asociación Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal |
50 ptos. |
5.999,00 € |
5.999,00 € |
IN501A-2021-007 |
Asociación Clúster da Biomasa de Galicia |
125 ptos. |
7.925,50 € |
24.079,00 € |
Asociación Bioeco2 |
16.153,50 € |
|||
IN501A-2021-008 |
Clúster de la Madera de Galicia |
140 ptos. |
66.011,54 € |
66.011,54 € |
IN501A-2021-009 |
Fundación Eduardo Pondal |
30 ptos. |
14.875,53 € |
14.875,53 € |