Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 15 de novembro de 2021, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes sancionadores.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprazanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 15 de novembro de 2021

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/NIE

Acto obxecto notificación

VP-C 40/21

B-15612088

Acordo de inicio

VP-C 42/21

32368192Q

Acordo de inicio

VP-C 45/21

34892028Q

Acordo de inicio