Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada ditado no expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 45642).

Tentada a notificación da resolución do recurso de alzada da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas á persoa interesada que se especifica no anexo, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa interesada que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Ourense, 19 de novembro de 2021

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data da resolución

45642

Y7195106F

9.12.2020