Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 29 de novembro de 2021 Páx. 58145

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 128, do 7 de xullo).

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 15 da orde de convocatoria esta resolución notificarase aos interesados consonte o artigo 16 da orde e publicarase no DOG e na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, https://www.cultura.gal

RESOLVO:

Ordenar a publicación no DOG das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.40.432B.481.2, para institucións sen fin de lucro, e 10.40.432B.460.0, para entidades locais galegas, de «subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado».

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de
Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Relación de entidades e proxectos subvencionados

I. Institucións sen fin de lucro.

Nº de expediente

Entidade

NIF

Proxecto

Subvención

2021/0001

Asociación Cultural Ameixa Rock

G94100328

Ameixa Rock 2021

1.500,00 €

2021/0002

Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares

G36617082

XXVIII Revoltallo de Música e Cultura Emerxente

4.000,00 €

2021/0004

Asociación Cultural Xironsa

G36228120

XXI Festival Xironsa

4.000,00 €

2021/0005

Centro Cultural, Veciñal e Deportivo Vigocentro

G27762434

Encontro de teatro

2.500,00 €

2021/0006

Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia

G36024289

VI Festival Intercéltico O Son do Pazo

3.000,00 €

2021/00012

Sociedad Cultural e Deportiva Atlántida

G36620854

Festival Atlántida

2.500,00 €

II. Entidades locais galegas.

Nº de expediente

Entidade

NIF

Proxecto

Subvención

2021/00007

Concello de Boborás

P3201400C

Festival do Circo e do Humor 2021

7.500,00 €

2021/00008

Concello de Cangas

P3600800A

Festival Aturuxos ao Son da Ría

4.000,00 €

2021/00009

Concello de Castro Caldelas

P3202400B

Festival Ponte Louco

3.000,00 €

2021/000010

Concello de Chantada

P2701600E

Mostra de Teatro Maruxa Villanueva

3.716,00 €

2021/000011

Concello de Noia

P1505800A

XII Festival de Jazz

6.000,00 €

2021/000014

Concello de Viveiro

P2706700H

SuperArte III

3.529,49 €

2021/000015

Concello de Catoira

P3601000G

Semana Teatro da Romaría Vikinga

4.000,00 €