Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 29 de novembro de 2021 Páx. 58202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 17 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto de modificación do parque eólico Canedo (expediente LU-11/136-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Asemade infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de quince (15) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía, todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias, poderán facelo con cita previa obtida no teléfono 982 87 90 88.

Lugo, 17 de novembro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-11/136-EOL.

Denominación: modificación parque eólico Canedo.

Concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo).

Afeccións en m2.

Acto notificado: notificación da declaración de utilidade pública.

Predio 2

Interesado

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Vías

2

José Campos

5

871

Coto Viñín

Eucaliptus

1.160