Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 29 de novembro de 2021 Páx. 58204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 17 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN661A 2011/20-1, no concello de Vimianzo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Monte Tourado-Eixe, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2011/20-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 17 de novembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: IN661A 2011/20-1.

Entidade beneficiaria: Naturgy Renovables, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Monte Tourado-Eixe.

Concello: Vimianzo.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

48

Herdeiros de Manuel Caamaño Caamaño e outros

1400/2021

666,24 €