O Pleno municipal, en sesión do 16 de abril de 2021, adoptou o acordo relativo á aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Negueira de Muñiz (expediente 40/2021).
De acordo co establecido no artigo 49 da Lei reguladora das bases do réxime local, sométese á información pública e á audiencia dos interesados, polo prazo de vinte días, durante o cal se poderán presentar reclamacións e suxestións que serán resoltas polo mesmo órgano municipal.
No caso de que durante o devandito prazo non se presente ningunha reclamación ou suxestión, entenderase conforme o nomeado artigo 49 da LRBRL, definitivamente aprobado o acordo inicial.
Negueira de Muñiz, 7 de xullo de 2021
José Manuel Braña Pereda
Alcalde