Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 26 de novembro de 2021 Páx. 57776

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 15 de novembro de 2021 pola que se substitúen varios membros do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

A Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e se regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, regula no seu artigo 16 a composición e procedemento de nomeamento das persoas vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Conforme o previsto na devandita lei realizouse proposta de designación e de cesamento por parte da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e das organizacións sindicais: Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia), Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (SN de CC.OO. de Galicia) e Confederación Intersindical Galega (CIG).

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Substitución de vogais

Por proposta da organización sindical Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia):

En calidade de titulares:

a) Disponse o cesamento de Raquel Seijas Lamelas e Jesús Mª Calvo Romero.

b) Disponse o nomeamento de Mar Martín González e José Luis Fernández Celis.

En calidade de suplentes:

a) Disponse o cesamento de José Luis Fernández Celis.

b) Disponse o nomeamento de José Carlos Rodríguez del Río.

Por proposta da organización sindical Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (SN de CC.OO. de Galicia):

En calidade de titulares:

a) Disponse o cesamento de Roi Fernández Rodríguez.

b) Disponse o nomeamento de Armando Iglesias Rodríguez.

Por proposta da organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG):

En calidade de titulares:

a) Disponse o cesamento de Francisco X. Cartelle Pérez.

b) Disponse o nomeamento de Cristina Martínez Padín.

Por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG):

En calidade de suplentes:

a) Disponse o cesamento de Paula Borrajo Castro.

b) Disponse o nomeamento de María de Miguel Pérez.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade