Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 26 de novembro de 2021 Páx. 57863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Defensa do Monte, pola que se declara o perímetro de alto risco de incendio nas vías de titularidade municipal no concello de Navia de Suarna (27/PARI01/21).

Antecedentes:

Primeiro. Conforme o previsto no artigo 12 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 22.5 para as zonas de actuación prioritaria e urxente por existir unha situación obxectiva de grave risco para as persoas ou os bens nos casos de incumprimento por parte das persoas responsables das súas obrigas de xestión de biomasa vexetal, poderán declararse perímetros de alto risco de incendios (PARI), con carácter non permanente, baseados na información histórica e nos datos estatísticos sobre a ocorrencia de incendios forestais, vulnerabilidade poboacional, ameazas aos ecosistemas forestais e protección do solo fronte á erosión, aqueles lugares en que o estado de abandono signifique un alto risco de propagación de incendios forestais, mediante resolución da persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de prevención de incendios forestais, contando cos oportunos informes previos.

Segundo. De acordo cos criterios establecidos no devandito artigo da Lei 3/2007, do 9 de abril, a resolución conterá, ademais da descrición do perímetro, as medidas de xestión da biomasa que se terán que levar a cabo para a prevención de incendios forestais. Os traballos planificaranse en marxes de pistas, en áreas devasa e noutras actuacións encamiñadas a romper a continuidade dos combustibles forestais, actuando sobre a biomasa tanto por medios manuais como mecánicos ou mediante queimas controladas.

Terceiro. No marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias en aplicación do disposto na cláusula sétima e no número 2.e), que foi engadido coa 3ª addenda asinada o 28 de maio de 2020, o Concello de Navia de Suarna realizou unha solicitude atendendo á posibilidade que se recolle nel de realización material de actuacións de xestión de biomasa nas vías de titularidade municipal ata un máximo de 10 quilómetros por concello e ano nos concellos adheridos.

Por estar adherido ao convenio, o Concello de Navia de Suarna propuxo, dentro deses máximos, os puntos quilométricos en que se delimitará un PARI, de conformidade co procedemento establecido no artigo 12 da Lei 3/2007, do 9 de abril, no cal realizar actuacións de roza e corta de especies non permitidas, incluíndo as seguintes actuacións:

– Xestión da biomasa nos 6 metros a cada lado porque o concello é zona de alto risco (ZAR) segundo a Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.

– Retirada de piñeiros, acacias e eucaliptos neses 6 metros.

Cuarto. O 16 de xuño de 2021, o subdirector xeral de Prevención emitiu un informe favorable sobre a declaración do PARI nas vías de Navia de Suarna con código 27PARI01/21 e con carácter non permanente que afecta unha superficie de 11,9696 hectáreas repartidas polas parcelas cuxa referencia catastral se sinala no anexo desta resolución, situadas na parroquia de Rao (Santa María) no concello de Navia de Suarna da provincia de Lugo. Dentro desta parroquia afecta os lugares de Asar, Meda e Peliceira, e as coordenadas de situación son as seguintes:

Punto situado máis ao norte: 673.205 X, 4.760.285 Y.

Punto situado máis ao sur: 675.277 X, 4.755.930 Y.

Punto situado máis ao leste: 676.671 X, 4.756.741 Y.

Punto situado máis ao oeste: 672.017 X, 4.760.020 Y.

Punto situado no centro xeográfico (aproximado): 674.197 X, 4.758.030 Y.

O PARI comprende a vía que discorre entre as parcelas do anexo e unha franxa lateral de 6 metros a cada lado desta, contados desde o límite exterior dos movementos de terra da obra de construción da vía.

O informe baséase na avaliación do risco para as persoas e os bens que se considera globalmente moi alto, tendo en conta o estado da vexetación, a orografía, a exposición aos ventos dominantes e o risco debido á proximidade a núcleos de poboación e edificacións illadas destinadas ás persoas. Así mesmo, infórmase que se sitúa nunha zona onde houbo incendios forestais recorrentes no pasado, cunha media de 7,8 lumes/ano rexistrados no concello nos derradeiros 10 anos. En canto aos antecedentes de grandes incendios forestais na zona, cabe destacar que na última década, no Distrito Forestal VII: Fonsagrada-Os Ancares, no cal se inclúe o concello de Navia de Suarna, rexistráronse tres incendios que afectaron un total de 3.753,00 ha. Tamén neste período se produciron neste distrito catro situacións de risco para as persoas e bens non forestais.

As actuacións propostas consisten na xestión da vexetación mediante a roza e a eliminación de piñeiros, eucaliptos e acacias, incluíndo o abatemento, tronzado, saca e amoreamento da madeira, a recolla e eliminación de restos nas faixas laterais das vías de titularidade municipal delimitadas polo PARI.

Quinto. De conformidade co artigo 12.4 da antedita Lei 3/2007, do 9 de abril, os titulares dos predios ou dos dereitos de aproveitamento en que teñan que realizarse os traballos preventivos dispoñerán dun prazo de trinta días naturais contados a partir do día seguinte ao da notificación para realizalos e, no caso de non o faceren, a consellería con competencias en materia de prevención de incendios poderá realizalos con cargo aos seus orzamentos, atendendo ás dispoñibilidades orzamentarias.

De conformidade coa proposta,

RESOLVO:

– Declarar o perímetro de alto risco de incendio nas vías de Navia de Suarna (27PARI01/21) no concello de Navia de Suarna (Lugo), con carácter non permanente, coa descrición e o establecemento das medidas de xestión de biomasa recollidas no punto cuarto dos antecedentes desta resolución.

– Publicar no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do Concello de Navia de Suarna a presente resolución, así como notificarlla aos titulares catastrais dos predios afectados, indicando os labores que deberán realizar os titulares dos predios ou dos seus dereitos de aproveitamento para diminuír o risco de incendios forestais.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2021

Manuel Rodríguez Vázquez
Director xeral de Defensa do Monte

ANEXO

Referencias catastrais das parcelas afectadas polo PARI
nas vías de Navia de Suarna 27PARI01/21

1

27034A030000890000KE

41

27034A038001420000KL

2

27034A030000980000KA

42

27034A038001890000KS

3

27034A030000990000KB

43

27034A038002050000KT

4

27034A030001020000KG

44

27034A038002060000KF

5

27034A030001030000KQ

45

27034A038002070000KM

6

27034A030001050000KL

46

27034A038002140000KD

7

27034A030001090000KO

47

27034A038002150000KX

8

27034A030090010000KQ

48

27034A038002350000KP

9

27034A030090110000KK

49

27034A038002360000KL

10

27034A030090120000KR

50

27034A038002370000KT

11

27034A030090160000KJ

51

27034A038002380000KF

12

27034A031000130000KY

52

27034A038002390000KM

13

27034A031000170000KL

53

27034A038002410000KF

14

27034A031000270000KD

54

27034A038002420000KM

15

27034A031000280000KX

55

27034A038002480000KI

16

27034A031000290000KI

56

27034A038002490000KJ

17

27034A031000300000KD

57

27034A038002530000KE

18

27034A031000320000KI

58

27034A038002540000KS

19

27034A031000330000KJ

59

27034A038002590000KA

20

27034A031000470000KQ

60

27034A038002600000KH

21

27034A031000480000KP

61

27034A038002610000KW

22

27034A031000600000KK

62

27034A038002620000KA

23

27034A031090010000KH

63

27034A038002640000KY

24

27034A031090030000KA

64

27034A038002650000KG

25

27034A031090040000KB

65

27034A038002680000KL

26

27034A031090050000KY

66

27034A038002740000KM

27

27034A031090060000KG

67

27034A038002750000KO

28

27034A031090080000KP

68

27034A038002760000KK

29

27034A031090090000KL

69

27034A038090030000KQ

30

27034A031090100000KQ

70

27034A038090050000KL

31

27034A038001270000KU

71

27034A038090140000KR

32

27034A038001280000KH

72

27034A038090210000KJ

33

27034A038001290000KW

73

27034A038090220000KE

34

27034A038001300000KU

74

27034A039000020000KI

35

27034A038001310000KH

75

27034A039000030000KJ

36

27034A038001320000KW

76

27034A039000060000KZ

37

27034A038001330000KA

77

27034A039000070000KU

38

27034A038001340000KB

78

27034A039000130000KA

39

27034A038001350000KY

79

27034A039000140000KB

40

27034A038001370000KQ

80

27034A039000150000KY

81

27034A039000160000KG

121

27034A052000360000KH

82

27034A039000170000KQ

122

27034A052000390000KB

83

27034A039000290000KD

123

27034A052000410000KA

84

27034A039000300000KK

124

27034A052000420000KB

85

27034A039000350000KJ

125

27034A052000430000KY

86

27034A039000360000KE

126

27034A052000440000KG

87

27034A039000390000KU

127

27034A052000450000KQ

88

27034A039000500000KY

128

27034A052000460000KP

89

27034A039000510000KG

129

27034A052000490000KF

90

27034A039000530000KP

130

27034A052000500000KL

91

27034A039000550000KT

131

27034A052000510000KT

92

27034A039000790000KY

132

27034A052000530000KM

93

27034A039001170000KT

133

27034A052000540000KO

94

27034A039001180000KF

134

27034A052000550000KK

95

27034A039090170000KM

135

27034A052001340000KW

96

27034A039090180000KO

136

27034A052001370000KY

97

27034A039090200000KM

137

27034A052001380000KG

98

27034A051000010000KB

138

27034A052001420000KQ

99

27034A051000020000KY

139

27034A052001480000KO

100

27034A051003630000KF

140

27034A052001660000KW

101

27034A051003990000KR

141

27034A052001670000KA

102

27034A051004360000KJ

142

27034A052001680000KB

103

27034A051004370000KE

143

27034A052001690000KY

104

27034A051004380000KS

144

27034A052001700000KA

105

27034A051004410000KS

145

27034A052090040000KG

106

27034A051090010000KL

146

27034A052090080000KT

107

27034A051090130000KI

147

27034A052090090000KF

108

27034A051090150000KE

148

27034A052090110000KT

109

27034A051090170000KZ

149

27034A052090140000KO

110

27034A051090180000KU

150

27034A052090150000KK

111

27034A051090200000KZ

151

27034A071000010000KM

112

27034A051090220000KH

152

27034A071000020000KO

113

27034A052000010000KS

153

27034A071000140000KZ

114

27034A052000080000KY

154

27034A071000170000KW

115

27034A052000090000KG

155

27034A071000180000KA

116

27034A052000120000KG

156

27034A071090030000KJ

117

27034A052000240000KR

157

27034A071090040000KE

118

27034A052000250000KD

119

27034A052000260000KX

120

27034A052000320000KE