Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 26 de novembro de 2021 Páx. 57961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 16 de novembro de 2021, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e dáselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante visita da Inspección da Área Provincial de Turismo de Ourense comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, para o cal poderán examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 16 de novembro de 2021

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Restaurante Pérez

Ángel Casado García

Rúa Colón, 26

Ourense

Cafetería Lido

Antonio Machado González

Juan XXIII, 6

Ourense

Restaurante Malo Será

Carlos Eduardo Acuña

Avda. As Caldas, 31

Ourense

Restaurante Galicia

César Rodríguez Álvarez

Avda. As Caldas, 32

Ourense

Restaurante Parrillada Severino

Esperanza Gómez Ramos

Avda. Buenos Aires, 272

Ourense

Restaurante Estadio

Beatriz Álvarez Fernández

Estrada de Laza, 174

Verín