Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 26 de novembro de 2021 Páx. 57801

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2021 pola que se dá publicidade da encomenda a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. para a realización de traballos técnicos.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á encomenda de xestión, coas seguintes características:

Resolución do 17 de novembro de 2021, da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se aproba a encomenda ao medio propio Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. para a realización de traballos técnicos.

– Actividade: os traballos que se van realizar baixo a cobertura da encomenda consistirán no traballos de apoio técnico á Axencia Galega de Infraestruturas no desenvolvemento daquelas tarefas en que a experiencia acumulada por Xestur na execución de obras permita complementar o traballo do persoal da Axencia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a empresa Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao abeiro do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de execución: doce (12) meses, contados desde o 1 de xaneiro de 2022, prorrogable por doce (12) meses máis.

– Modalidade de financiamento: a encomenda tramítase como expediente anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas para o ano 2022, aplicación orzamentaria 09.A1.512B.640.1.

– Orzamento: 60.023,25 €.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas