Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 25 de novembro de 2021 Páx. 57749

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO da ampliación do uso existente do Centro Social de Traba de sociocultural a uso sociocultural e asistencial.

O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria do día 28 de outubro de 2021, acordou, en aplicación do artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a ampliación do uso existente do Centro Social de Traba de uso sociocultural a uso sociocultural e asistencial, equipamento identificado como EQ13 implantado en solo rústico de protección ordinaria, con referencia catastral 15041A503003450001FP e inscrito no inventario municipal de bens coa referencia INM40029.

O 28 de outubro de 2021 foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o acordo aprobado.

Laxe, 2 de novembro de 2021

José Luis Pérez Añón
Alcalde