Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 25 de novembro de 2021 Páx. 57689

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de maio de 2021 pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se convocan para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 113, do 16 de xuño).

Logo de ver as solicitudes de subvencións destinadas ao equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais polas entidades locais de Galicia e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

Tras finalizar a tramitación establecida nos artigos 7, 8, 9 e 10 da orde de convocatoria para as solicitudes presentadas, realizouse o procedemento de exame e valoración destas, consonte os criterios establecidos no artigo 14 da orde de convocatoria.

A competencia para resolver estas axudas corresponde á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, segundo o establecido no artigo 16 da convocatoria.

En consecuencia, e atendendo á proposta de resolución definitiva elevada pola Secretaría Xeral de Cultura a partir do informe da Comisión de Valoración creada ao abeiro do artigo 13 da orde de convocatoria,

RESOLVO:

Conceder as axudas sinaladas no anexo I ás entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, por importe de 481.265,22 €, con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

As entidades subvencionadas a que fai referencia esta resolución deberán acreditar a documentación xustificativa dos proxectos subvencionados antes do 15 de decembro do ano 2021, de acordo co establecido no artigo 22.1 da orde de convocatoria, modificado pola Orde do 9 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 31 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG núm. 221, do 17 de novembro).

Cómpre notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Nº de expediente

Entidade

NIF

Proxecto

Subvención

2021/000001-0

Concello de Gondomar

P3602100D

Motorización e mellora do auditorio Lois Tobío de Gondomar

30.000,00 €

2021/000008-0

Concello de Touro

P1508600B

Equipamento para axencia de lectura municipal

1.446,38 €

2021/000010-0

Concello do Pereiro de Aguiar

P3205900H

Mellora de equipamentos de son e

audiovisuais da biblioteca municipal

2.854,58 €

2021/000011-0

Concello de Alfoz

P2700200E

Investimento para dinamización da biblioteca

3.350,00 €

2021/000013-0

Concello de Antas de Ulla

P2700300C

Adquisición de dispositivo dixital portátil e pantalla para biblioteca

municipal

737,10 €

2021/000014-0

Concello da Lama

P3602500E

Posta en funcionamento da escola taller para usos culturais

3.299,29 €

2021/000018-0

Concello de Riotorto

P2705400F

Equipamento tecnolóxico para centro sociocultural Avelino Díaz

3.675,55 €

2021/000024-0

Concello de Valga

P3605600J

Dotación de equipamento e mellora das instalación. Edificio multifuncional

24.000,00 €

2021/000026-0

Concello de Aranga

P1500300G

Mobiliario e equipamento para biblioteca

16.023,65 €

2021/000028-0

Concello de Ourol

P2703800I

Caixa de correos de devolución de libros para a biblioteca

1.083,56 €

2021/000030-0

Concello de Abegondo

P1500100A

Mellora accesibilidade e servizo dixital da biblioteca

4.620,84 €

2021/000033-0

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

Adquisición de equipamento para centro cultural

1.470,00 €

2021/000037-0

Concello de Val do Dubra

P1508900F

Equipamento zona de ampliación da biblioteca

8.797,11 €

2021/000038-0

Concello de Bande

P3200700G

Equipamento biblioteca

12.167,19 €

2021/000039-0

Concello de Baños de Molgas

P3200800E

Adecuación de local para emisora

municipal

6.264,58 €

2021/000047-0

Concello de Mesía

P1504800B

Cubrición de espazo exterior anexo local social de Boado

25.067,55 €

2020/000050-0

Concello do Vicedo

P2706400E

Mellora accesibilidade na casa da cultura

30.000,00 €

2021/000051-0

Concello de Padrón

P1506600D

Centro de atención ao peregrino e centro turístico, etnográfico e histórico de Padrón

30.000,00 €

2021/000052-0

Concello de Samos

P2705500C

Substitución da cuberta na biblioteca municipal de Samos

21.575,75 €

2021/000053-0

Concello de Sanxenxo

P3605100A

Equipamento centro cultural artesá Casa Priorato de Arra

5.380,39 €

2021/000054-0

Concello de Sarria

P2705700I

Acondicionamento de sala de biblioteca

12.443,24 €

2021/000056-0

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

Ampliación espazo da biblioteca

1.170,89 €

2021/000060-0

Concello do Incio

P3605900D

Equipamento e mellora de accesibilidade da aula multiúsos para actividades culturais

19.419,43 €

2021/000065-0

Concello de Mañón

P1504500H

Equipamento librarías da biblioteca pública

3.620,32 €

2021/000066-0

Concello de Miño

P1504900J

Dotación de equipamento e medidas de seguridade na biblioteca

10.531,01 €

2021/000071-0

Concello de Cenlle

P3202600G

Equipamento biblioteca

23.718,42 €

2021/000072-0

Concello de Arnoia

P3200400D

Mellora das instalacións e do equipamento no local cultural

16.280,58 €

2021/000075-0

Concello do Pino

P1506700B

Ampliación área infantil, incorporación de novas tecnoloxías da biblioteca municipal

18.718,72 €

2021/000079-0

Concello de Narón

P1505500G

Obras de mantemento e conservación biblioteca

20.900,44 €

2021/000082-0

Concello de Chantada

P2701600E

Obras de acondicionamento cuberta da biblioteca municipal

21.000,00 €

2021/000087-0

Concello de Ordes

P1506000G

Subministración e instalación de armarios compactos móbiles escorrentes para o arquivo municipal

5.015,32 €

2021/000091-0

Concello de Teo

P1508300I

Investimento biblioteca-casa común Os Tilos

2.779,72 €

2021/000095-0

Concello de Pazos de Borbén

P3603700J

Modernización do salón de actos

5.398,64 €

2021/000096-0

Concello de Santa Comba

P1507800I

Mobiliario biblioteca

2.046,53 €

2021/000098-0

Concello de Sober

P2705900E

Obras de reforma da casa da cultura e biblioteca

11.187,09 €

2021/000100-0

Concello de Parada de Sil

P3205800J

Mellora de equipamentos para locais culturais

8.234,30 €

2021/000102-0

Concello da Illa de Arousa

P8600004I

Equipamento nova biblioteca na Casa Godoy

30.000,00 €

2021/000103-0

Concello de Begonte

P2700700D

Mellora e dotación de equipamento da casa da cultura

5.930,06 €

2021/000105-0

Concello de Ribas de Sil

P2705200J

Mellora de locais culturais do xeoparque Montañas do Courel

22.951,86 €

2021/000106-0

Concello de Baralla

P2703600C

Dotación de biblioteca, sala de lectura e estudo no centro sociocultural

20.979,00 €