Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 207, do 27 de outubro, cómpre realizar as seguintes correccións:
No artigo 5.b), onde di:
«b) Co recoñecemento da prestación extraordinaria de cesamento de actividade regulada no artigo 17 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19».
Debe dicir:
«b) Co recoñecemento da prestación extraordinaria de cesamento de actividade regulada no artigo 17 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19 ou equivalente posterior, sempre respecto do período de referencia subvencionable establecido na presente orde».
A corrección indicada aplicarase do mesmo xeito na epígrafe correspondente do anexo I.
Esta corrección non supón a modificación do prazo de presentación de solicitudes.