Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 25 de novembro de 2021 Páx. 57731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0703/2020-PRE e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-CO-0703/2020-PRE e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

A Coruña, 11 de novembro de 2021

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0703/2020-PRE

32618790Y

Resolución

Pla y Cancela, 27, 1º, A Coruña

PSC-CO-0758/2020-PPM

47373659F

Resolución

O Portiño, 30, baixo, A Coruña

PSC-CO-0767/2020-PPM

33282442Q

Resolución

Estrada xeral, 3, 3º, Escarabote, Boiro